Entradas

Saídas laborais

 A carreira de Historia ofrece varias saídas laborais moi interesantes, a continuación veredes cales son e os oficios aos que vos podredes dedicar nun futuro. Entre as principais saídas profesionais atópanse as seguintes: 1. Enseñanza 2. Investigación histórica 3. Dirección e xestión de estudos arqueolóxicos 4. Xestión do patrimonio histórico-cultural e medioambiental 5. Xestión documental en archivos, bibliotecas e museos 6. Divulgación de coñecementos históricos e xeográficos 7. Colaboración en medios de comunicación social e labor editorial 8. Asesoramento cultural en institución pública e empresas privadas 9. Preparación da carreira diplomática 10. Xestión de proxectos internacionais en institucións públicas ou empresas privadas. 11. Xestión de recursos humanos. 12. Desarrollo rexional e local

Comezo da carreira e aloxamento

Imagen
Unha vez te matricules na carreira e acceas á universidade, deberás ter en conta a distancia á que se atopa o lugar de estudo con respecto a túa casa. Se desexas desplazarte en vehículo todos os días deberás valorar o custo económico que iso supón. Outra opción para as persoas que viven demasiado lexos da cidade onde se atopa a universidade son as residencias para estudantes. A continuación vouvos deixar a ubicación de varias residencias en Santiago de Compostela: Outra opción aparte das residencias para quedarse a vivir na cidade en cuestión é compartir piso ou vivenda con máis compañeiros, deste xeito poderás pagar o aluguer a medias cos teus compañeiros.

Primeiros pasos e Notas de corte

Imagen
 Se queres estudar unha carreira universitaria, ben sexa Historia ou calquer outra cousa, primeiro debes finalizar bachillerato e despois debes presentarse as probas de ABAU (selectividade). Unha vez feitas estas probas a túa nota de corte deberá ter un mínimo para poder acceder á carreira que desexas realizar. Aquí vos deixo cales foron as notas de corte da USC no curso 2020/2021: A nota de Historia está nun 9,2 de media. É necesario saber que estas notas varían cada ano e a nota de corte representa a nota máis baixa coa que entrou o último alumno a facer a carreira. Unha vez superes a selectividade e a túa nota che permita acceder á carreira que desexas, o seguinte paso é matricularse na universidade correspondente.

Benvidxs ao blog

Imagen
Isto é unha presentación, eu son Diego e quero estudar Historia, actualmente fago bachillerato no IES POETA DÍAZ CASTRO de Guitiriz.  Neste blog poderás descubrir todo o que necesitas saber para facer a carreira de Historia e poder dedicarte algo relacionado con esta carreira nun futuro. Espero poder informarvos de todo e aclarar as vosas dúbidas.